Ante a pregunta sobre se da os bemois este punteiro nada mellor que un vídeo demostrativo.
Podemos observar que este punteiro de creación propia pódese tocar en pechado e aberto e por suposto, está dotado de unha escala cromática completa.
Aparte de todo esto e se non abonda o que leva ten catro tonalidades, Do, Re, Si bemol e La, con e sen bordón.
Funciona con batería que se carga en 40 minutos e proporciona días e mais días de musiqueta.
Si, este punteiro é froito do estudio e do traballo meu e do meu compañeiro de viaxe en todo esto, Brais Ferreira e entre os dous estamos a crear un punteiro único e exclusivo que poida valer para o ensaio persoal e adaptado para a gran maioría das técnicas dos gaiteiros galegos.
Polo de cedo non está a venda pública e todo los punteiros que facemos os comparto cos meus amigos, coñecidos e compañeiros baixo a confianza plena e coa garantía total de Xurxo Jachía.
Mais información:
xurxojachia@hotmail.com
الفئة
عرض المزيد
تعليقات - 2
مقاطع الفيديو ذات الصلة على Punteiro electrónico Jachía (cromático):